Cuarta Vía é unha iniciativa dos compañeiros do BNG de O Ribeiro; unha alternativa que pretende:
- Recuperar o asemblearismo, tamén nas comarcas.
- Dotar á militancia de información e participación nas decisións.
- Integrarse e participar nos axentes sociais.
- Separar os cargos institucionais e as responsabilidades no BNG.
- Recuperar a rúa.
- Volver ó discurso soberanista.
- Defender a lingua sen ambaxes e usala como é debido.
- Escoitar a todas as correntes internas.
- Ampliar a base militante.
- Recuperar o camiño nacionalista e de esquerdas.
Concordo con cada un dos seus puntos así como cos principios e razóns que motivan a súa presentación. Poden lelo seguindo este fío.