Monumento do Concello de Ourense á inaccesibilidade

O día 24 Novembro 2010, clasificado en: política nacional, por xOsse dorrío

Nos últimos días a empresa EcoOurense estivo cambiando os contedores do lixo, retirando eses de plástico «de toda a vida» por uns novos, xigantes e moi bonitos.

Non sei cantos cidadáns se decatarían, aparte de quen os sofre -pois hai tamén quen os desfruta pois ao ser máis grandes hai menos e máis espazo para aparcar-, porque estes contedores novos son unha faena para quen ten pouca mobilidade. Ocórrenseme moitas persoas, xente maior que apenas pode levantar os brazos para botar o lixo tan alto, nenos, persoas con problemas de equilibrio que ten que usar un pé para pisar o «pedal» de apertura, pero tamén nas persoas que por ir en cadeira de rodas nin sequera ten esa posibilidade, nin de perder o equilibrio nin, moito menos, de deixar o lixo dentro do contedor.

Estes contenedores rachan coas normas universais de accesibilidade (Normas uniformes sobre a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade, a Convención 61/106 de 13 de decembro de 2006 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, a Resolución do Consello e dos representantes dos Gobernos dos Estados Membros, reunidos no seo do Consello de 20 de decembre de 1996 sobre a igualdade de oportunidades das persoas con minusvalías, a Lei 13/1982, de 7 de abril, de integración social dos minusválidos, a Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, entre moitas outras normas, todas elas do mesmo senso).

Estes contedores parecen máis ben postos adrede para molestar a quen ten problemas de mobilidade que para aforrar cartos e non soterralos como se fai no centro da cidade onde vive «la gente de bien» os neprogres e os neonacionalistas.

O máis triste desta situación é que, logo de varios días instalados por toda a cidade de Ourense, aínda está por vir a primeira denuncia por parte dunha asociación de persoas con discapacidade advertindo da irregularidade cometida, e polo paso atrás dado en canto a accesibilidade nesta cidade. Isto si que non o entendo. Ou si. Tódalas entidades están pendentes das axudas que poidan caer e esquécense de reinvindicar algo que amais de ético é xusto… non vaia ser que o que reparte os cartos se «mosquee».

conteder do lixo manipulado por un operario de ECOOurense

Publicada tamén no xornal La Región

etiquetas:  

6 Respostas to “Monumento do Concello de Ourense á inaccesibilidade”

  1. Lucía di:

    Menos mal que teño quen me tire o lixo, e outra cousa os discapacitados só viven no centro os das aforas somos pantasmas e non pagamos impostos.

  2. Ha! Non os pagarás ti! ;)

    De verás! Facíallos recoller todos e facerllos pagar ao imbécil que os encargou, ao imbécil que lle permite colocar o ese invento na rúa e amoitos outros imbéciles máis.

    Sempre podemos usar aos xogadores do COB -que tamén os pagamos todos- para que axuden as persoas que non poden.

  3. Paco di:

    En Asturias foi o único sitio onde lembro ter visto uns contedores para xente con mobilidade reducida, teñen a boca a media altura. Como ao seu carón están os normais, tamén teñen un letreiro que prohibe ser usado pola «xente normal». Temos moito que aprender.

  4. É terrible o xeito en que se esquecen, con frecuencia, ás persoas con limitacións físicas, que non teñen por qué ser permanentes (calquera pode romper un brazo ou unha perna). É algo así como o grande descuido colectivo.
    Hai tempo, fixen unha pequena reportaxe sobre obstáculos en beirarrúas, dándome conta de que, para os responsables municipais, o concepto de accesibilidade queda en poñer unha rampa na porta do concello.

    • Estas accións, que non pensan nas limitacións dos demáis, non fan máis que por en evidencia as limitacións dos propios dirixentes de administración e empresas… Como se pode homologar na actualidade un deseño de contedor ssemellante? É mais, como se pode deseñar algo semellante? Quen foi o inxenioso deseñador? Seguro que non anda en cadeira de rodas.



arquivo de mOendo

Novembro 2010
L M M X V S D
« Out   Dec »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes