Hai uns días Julio Anguita dicía que a corrupción política é o resultado “dunha época na que o enriquecemento fácil víase como algo normal”, situación na que “os cidadáns son corresponsables” porque, en moitos casos, “apoiaron e votaron a políticos corruptos”. Isto sucede porque, afirma o ex dirixente de IU, “hai unha parte da cidadanía que vive desta conduta dos políticos para xustificar a súa propia falta de ética”.
Imos ver uns exemplos: a semana pasada Mariano Rajoy rexeitou a dimisión de Federico Trillo porque, di o mandatario popular, logo do accidente do Yakovlev 42, o pobo volveu a depositar a súa confianza no político almeriense, non nunha, senón en dúas ocasións.
Hoxe podemos ver a Francisco Camps afanado na campaña do PP na comunidade valenciana, como si a trama corrupta do caso Gürtell non fose con el, pese a estar imputado. Busca nas urnas unha absolución que pode que non atope nos tribunais. Ten todo o apoio do presidente do seu partido e, como non, da súa base social.
Pero non fai falla ir tan lonxe, na Deputación de Ourense, presidida por José Luis Baltar, e en moitos concellos desta provincia –como o meu– a corrupción política está a orde do día, sen embargo, eleccións tras eleccións eses responsables políticos son ratificados pola maioría dos cidadáns.
Son os mesmos cidadáns que logo esixirán legalidade, decencia, integridade, honestidade, transparencia,… non o partido político que eles apoian, senón a tódolos demais. Pedirlle eses valores ós membros do seu propio partido sería como pedilos para si mesmos e, sabedores de que non os reúnen, calan, miran para o de enfronte e acúsano.
A corrupción política dos nosos dirixentes non é máis que o reflexo da propia corrupción do pobo, un pobo decidido a apoiar a un ou a outro partido a espera dalgún beneficio individual (emprego, axudas, permisos,… poder). Vivimos nunha sociedade que non vota por ideoloxía senón por interese. A desidealización dos partidos a que fan referencia numerosos politólogos obedece a tendencia marcada pola propia sociedade, por iso tampouco é moi acertado falar de corrupción política, máis ben habería que falar de corrupción social ou socialización da corrupción. A xente non quere vivir mellor, quere farolas!
Mais, hai esperanza para esta sociedade? Si a hai, esa esperanza está precisamente nos desaliendos, nos desafectados, está fora dos partidos, nese grupo de xente que ten o poder de cambiar o status político dominante a nada que se organicen e decidan actuar activamente na area política. Os dirixentes actuais son sabedores desta circunstancia, por iso adican boa parte dos seus recursos en resaltar as súas diferencias, para que nunca teñan a tentación de fornecer unha alianza que remate co seu dominio. Refírome, como non, os Novos Movementos Sociais.
Cada pobo ten o goberno que se merece (Maquiavelo). Unha vez máis, moi acertada a súa análise, pero desgraciadamente a corrupción abarca moitos espectros i é o propio pobo o que avala co seu silencio ou co seu voto.
Tal e como veño denunciando no meu blog, as comunidades de montes tamén son un importante foco de corrupción onde prima o enchufismo de amigos dos directivos para un traballo, aínda que se vulnere a lei ao facerse sen contratos e se-lles pague con facturas que non poden pasar por facenda.
Como non vai defender aos directivos a xente que come uns días grazas aos fondos mal xestionados da comunidade?
O da socializaçom da corrupçom, que vai da mao doutras socializaçons perversas como a iteoreorizaçom do espanholismo o auto-ódio e os dogmas do neoliberalismo capitalista, é um conceito muito interesante. Porém no que atinge aos movimentos sociais as trabas com as que se enfrentam som muitas e notáveis se bem ainda fica muito por fazer e em muitas capas em que penetrar com o discurso altermundista especialmente nas vilas pequenas e no rural onde organizar-se e chegar a umha massa social crítica, fazer povo e que este deixe de ser massa mais bem, é umha tarefa de gigantes. Mui boa a reflexom, umha aperta irmandinha
A corrupción está en todos lados Paco, forma parte xa da nosa vida. Dende o intre en que unha persoa, de xeito individual, realiza calquera irregularidade e conta coa aquiescencia dun responsable político ou dun funcionario, esa persoa quedará obrigada a gardar silencio o resto da súa vida sobre tódalas demais irregularidades que fagan eses políticos ou funcionarios. E, por suposto, apóiannos cada vez que sexa necesario para salvagardar os medos da súa propia conciencia.
Coido, Afiador, que as principais trabas coas que se atopan os movementos socias son a falla de democracias realmente participativas. Pero, si a sociedade na que vivimos pon resistencia a ola participativa os NMS terán que artellar a formula de realizar eses cambios na sociedade que, para min, non é outra que entrar nos órganos representativos.
No rural os cambios son máis lentos. A media de idade é máis elevada e a mocidade interactúa máis coas outras xeracións. Iso fainos ser máis conservadores. En calquera caso, cando as novas tendencias triunfan nas cidades acaban sento adoptadas tamén no rural onde, ó tratarse de núcleos máis pequenos, é moito máis doado levar a practica estas políticas, unha vez sexan aceptadas, claro.
Coido que desta volta o rural, ou os elementos mais consciêntes que ainda vivemos nessa cultura, en declive polo etnocídio contínuo ao que está submetida, deve trabalhar em dinámicas próprias e autocentradas sem que isso vaia em prejuízo de contactar com os movimentos das cidades, mas desde dinámicas própias que incorporem a sua mocidade a esses movimentos, mas desde umha releitura do rural e o seu papel no futuro. A questom é muito complexa evidentemente, mas devemos tentá-lo.
Por suposto que falham democratas participativos já que muitos fecham-se em núcleo muito pequenos e essa fechaçom nom vai além de mostrar no fundo a sua imaturidade tamém nisso devemos abrir caminhos tendento ponte com “todo dios”. Umha aperta irmandinha e avante na luita pola soberania nacional!