#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

A lista de “sucasas”

Posted on 23 Agosto 2010 by xOsse dorrío Posted in actualidade, política laboral, política local 3 Comments

Ando botándolle unha ollada a tódolos e-mail que forman parte da lista que a UPD Coordina Local II nos enviou a diferentes persoas, supostamente axentes e técnicos de emprego e ao ir repasando enderezos e cotexando cos datos que podo atopar na rede atópome con que:

  • Unha parte importante destes enderezos non corresponden a AEDL, senón que o enderezo pertence ao e-mail de contacto que se pode atopar habitualmente nas web corporativas de ESAL ou Concellos. Citar todas estas entidades, que superan o cento, enchería inutilmente este post. Os AEDL que gardastes ese e-mail podedes corroborala.
  • Nalgúns casos, como Alar Galicia, vemos que o enderezo da lista correspóndese co do Presidente da Asociación, Fernando González Truque que, a súa vez é o Técnico de Emprego da mesma, seguro que lle supuxo tomar unha decisión difícil ter que realizar semellante contratación. Recomendo escoitar o audio desta última ligazón, onde o Pte./tco. fala de méritos para atopar traballo. Resulta moi triste ver que existen axentes que nin sequera dispón -ou non se lles permite usar- un enderezo de correo electrónico personalizado.
  • Outro caso épico é o do meu concello de nacemento, Xunqueira de Ambía, onde o receptor da información que envía a UPD Coordina Local II non é o AEDL do Concello, senón o propio Alcalde. Algo moi característico en concellos excesivamente autoritarios e onde non se delega nin a información. Noutros concellos, tampouco reciben a información directamente os AEDL senón os departamentos aos que pertencen, aínda que non sexan eles, senón un cargo político, quen estea ao fronte.
  • Non podían faltar os amiguños, como José María Fantova Rodríguez; quen é esta persoa? Non sei, pero ao introcudir o seu correo en Google o que sae é isto. Sei que non é un Concello nin unha asociación, nin fundación, nin sindicato, nin… é unha asesoría do Ferrol, terra de onde tamén é o Director da UPD Coordina Local II, Angel Sucasas peón. Pode unha empresa privada dispor dun AEDL? É posible que o dono desa empresa sexa tamén AEDL? Parece -ou iso me parce a min, haber si mo aclaran- que este señor está utilizando a UPD a favor das empresas privadas dos seus amiguiños. Que pouca vergoña!

O caso é ter unha lista grande, aínda que a información sexa mala escasa, e os destinatarios sexan persoas con obxectivos, capacitades e aptitudes diferentes as requiridas para o posto.

actualidade axentes de emprego denuncia fomento do emprego laboral UPD Coordina Local
« Dúas novas: unha boa e outra mala
Señores e vasalos. A Galiza feudal. Aquí. Agora. »

3 thoughts on “A lista de “sucasas””

  1. Maria Balteira says:
    26 Agosto 2010 at 12:11

    Boas,
    Estou flipando. Chego de feriados dende un paraiso onde non existía nin internet nin o movil e cando, dende a miña casa, consulto o enderezo electronico do traballo me atopo co “conflicto” creado por ti.
    Ben, no tocante ao asunto de en qué afecta as medidas do goberno as subvencións da Xunta levo tres meses tentando recibir unha resposta por escrito dalgunha administración implicada, fixen consultas á FEgamp, a Madrid e á propia Xunta. A única que respostou foi a Consellería cunha escrito onde en catro párrafos non dician nada agás o establecido na orde de programas de cooperación. En canto as consultas feitas por teléfono a resposta era: haced lo que os de la gana.
    No restante debate non debo entrar. Fun unha das primeiras axentes de emprego que empezou a traballar nesta comunidade e estou moi queimada. Levo visto moito. Son moitos anos de temporalidade, traballei para diferentes gobernos, puxen moita ilusión na miña labor e cando máis traballei máis hostias me deron.
    Hai unha parte de min que conserva intacta a crenza de que, ben aplicado, o traballo no desenvolvemento local é clave nos nosos pobos. Pero hai demasiado desinterese e descoñecemento dese traballo por parte dos políticos, os axentes son demasiado novos, a propia Xunta creou esta rede sen saber moi ben o que quería, recibía os cartos de Europa e había que darlles saida. Os axentes, os cursos dos Fip, as escolas obradoiro (que merecen un tema aparte), axudas a contratación, labora…. moitos cartos e moi poucos resultados. É a realidade.
    Dicir por último que a unica utilidade do traballo dos coordina local para min e a actualizaicón lexislativa diaria. O resto é fume, coma sempre. E no tocante a que non debemos poñernos en contacto contigo, JJAJAJJAJAJJAJAJAJAJJA
    Saúdos,
    María

    Obviamente este correo é anónimo. Si traballaches nesto o entenderás.

  2. Pingback: Señores e vasalos. A Galiza feudal. Aquí. Agora.

  3. Pingback: Señores e vasalos. A Galiza feudal. Aquí. Agora. | Por una verdadera democracia - Poder Civil

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Agosto 2010
M T W T F S S
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  
« Xul   Set »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés