A culpa é dos bancos!

Primero foron os bancos e as subprime, uns créditos concedidos polos bancos ós ninja, os responsables orixinais da crise financeira gobal; e agora voltan ser os bancos os responsables do agravamento por non prestar cartos a quen non lle ofrece suficientes garantías; primeiro por dar de máis e agora por non dar. Se non estivesen os políticos polo medio pensaría que me están tomando por parvo, como o están, queda confirmado. A modo de reflexión foi ese o asunto proposto no día de hoxe a Núñez Feijóo, Pérez Touriño e Anxo Quintana.

Non todo será culpa dos bancos, nin da crise financiera internacional… digo eu que algunha culpa de todo o que está pasando aquí será dos responsables políticos daquí porque, penso eu, si vostedes non poden facer nada para solventar os problemas que aquí nos afectan por unha crise que ven de fora, para que os queremos? Andamos por ahí berrando: queremos máis autogoberno! Para que, si non saben que facer por Galiza hoxe co pouco que ten? Para que máis autogoberno si logo estamos expostos as crises de fora e somos incapaces de reaccionar ante elas?

Non nego que nos afecte a coxuntura internacional, nin a codicia dos bancos pero, e as caixas? As caixas son entidades públicas, propiedade de tódolos cidadáns, gobernadas polos seus amigos fieis, máis amigos e máis fies que capaces, sen dúbida; as mesmas caixas que inverten en fondos de alto risco asiáticos ou ianquis pero que se negan a darlle financiación a un porxecto galego… porque lles parece moi arriscado!

No fondo o problema está aí. O problema está na clase política, si, vostedes que dende os seus partidos promoven elites de ineptos pero fieis dirixentes, primando a lealdade ou, mellor dito, a sumisión, sobre a capacidade; primando a aquel que asinte sempre, e que é doce no falar, crea poucos problemas –porque lle falta iniciativa ata para iso-, … o cacique de toda a vida, sobre aquel que sabe decir que “non” e o di cando así o cre -porque ten calidade persoal- e aporta ideas diferentes.

Que ocorre agora? Os seus partidos están dirixidos por uns individuos feitos todos co mesmo patrón, políticos “monoidea”, políticos que están esperando a ver que se lle ocorre ó xefe para decirlle que ten razón –e de paso o fermoso que é- … é para o que se lle paga, non? Como iso “é o que hai” -nuns e outros partidos-; ós cidadáns só nos queda esperar que a crise amaine sóa, non?, esperar que as grandes potencias poñan freo a esta situación da que, a bo seguro, serán unha vez máis, as grandes beneficiadas. Supoño que é o que todos están agardando, non?

Resulta difícil dixerir esta crise cando a un se lle presentan tantas dúbidas e non atopa ningunha resposta. Cada día esculco nos xornais a ver si algún candidato tivo en conta as dúbidas que eu lle plantexo e, creo, comparto con moitos cidadáns, e dan algunha resposta através dos mass media. Nin chio! Eles seguen o seu… a convencer ó indeciso, el é o obxectivo. Como? Si non resolven nada, non responden nada,…

Somos conscientes da envexa e o desprezo co que algúns nobres contemplan os méritos e as enerxias dos homus novus, e tamén de que basta con que pechemos un intre os ollos para vernos metidos en calquer trampa, de que si deixamos aberto o menor resquicio para a sospeita dunha conducta impropia pagaremos no acto por iso, de que nunca debemos baixar a garda nin permitirnos repouso algún. Temos inimigos, enfrontémolos, temos tarefas que acometer, arrimemos o ombreiro; pero non esquezamos que un inimigo aberto e declarado e menos formidable que un que se oculta e non di nada

Cicerón a Tiro. Imperium, Robert Harris